jueves, 21 de diciembre de 2017

FELICES FESTAS!!!!!

HOXE RECIBIMOS NO COLE AOS REIS MAGOS E AOS SEUS ELFOS!!!!
É RECIBIMOS AGASALLOS !!!! QUE SORTE TIVEMOS!!!!

TAMÉN VIÑERONNOS A CANTAR PANXOLIÑAS  OS NOSOS PADRIÑOS E AS NOSAS MADRIÑAS. (OS ALUMNOS E AS ALUMNAS DE 5º A). FOI MOI BONITO VELOS A TOD@S XUNTOS CANTAR!!!! GRAZAS!!!

                 BO NADAL!!!!!

jueves, 14 de diciembre de 2017

VISITA DA MAMÁ DE CATUXA

HOXE VISITOUNOS A MAMÁ DE CATUXA, SABELA.
VEU A FALARNOS SOBRE O SEU TRABALLO, DO QUE É UN BANCO, DO NECESARIO QUE É  AFORRAR... EN QUE GASTAMOS OS CARTOS: NAS COUSAS IMPORTANTES , AS COUSAS NON  IMPORTANTES, DOS SOÑOS, DOS IMPREVISTOS...

TODA UNHA LECCIÓN DE ECONÓMIA MOI BEN EXPLICADA.
FIXO EXEMPLOS CON CARTOS, VAN SER TOD@S  UNS/UNHAS  GRANDES AFORRADOR@S!!!!!
POLO MENOS NA CLASE  NON MALGASTARON OS CARTOS QUE TIÑAN!!!!!






MOITAS GRAZAS POR VIR SABELA!!!

CANTAS COUSAS APRENDEMOS COS PAPÁS E AS MAMÁS!!! E QUE BEN O PASAMOS.

lunes, 4 de diciembre de 2017

VISITA DO PAPÁ DE MIGUEL

ESTE CURSO A NOSA AULA ESTÁ MOI ANIMADA GRAZAS AOS PAPÁS E AS MAMÁS QUE NOS VEÑEN A VISITAR E A CONTARNOS MOITAS COUSAS SOBRE O SEU TRABALLO E SOBRE O PROXECTO QUE ESTAMOS A TRABALLAR " FLEMING E A CIENCIA.
"GRAZAS POR ENCHER A NOSA AULA E DARLLE MOITA CALOR E VIDA"

O MÉRCORES 29 DE NOVEMBRO VISITOUNOS O PAPÁ DE MIGUEL ; CARLOS VILARIÑO.ACUDIU A CONTARNOS QUEN FOI FLEMING, O QUE DESCUBRIU E A IMPORTANCIA DO SEU DESCUBRIMENTO " A PENICILINA",E MOITAS MÁIS COUSAS .
AGRADECEMOSLLE MOITO A SÚA PRESENCIA.





viernes, 24 de noviembre de 2017

QUINCENA DO CÓMIC

Comezamos esta semana a celebrar a Quincena do cómic no cole dentro do noso proxecto "Doutor Fleming e a Ciencia"

Nós baixamos a biblioteca a realizar moitas actividades sobre o cómic cos nosos padriños e as nosas madriñas de 5º A.
O pasamos xenial!!!! Estamos desexando volver para a semana.



viernes, 17 de noviembre de 2017

O FARO DO FLEMING

TRABALLAMOS O FARO DO FLEMING... E DE PASO APRENDEMOS PALABRAS EN GALEGO, DITOS, REFRÁNS...
ESTE MES NÓS FIXEMOS UN ANUNCIO E EXPRESIÓNS EN GALEGO.



VISITA DA MAMÁ DE NOA

Continuamos coas visitas dos papás e das mamás a clase.
O mércores tivemos a sorte de que estivese con nós LAURA a mamá de Noa.
Contounos, o que fan os farmacétic@s , do importante que son para a nosa saúde. Do necesario dunha boa alimentación para medrar fortes e sans.
Tamén nos explicou moitas cousas sobre os ollos, das súas partes, de como temos que coidalos, das revisións.....
O IMPORTANTE QUE SON.


Coma sempre foi una experiencia marabillosa, os vosos fillos e as vosas fillas están encantad@s de que veñades. E a min só me queda daros as grazas por implicaros tanto no traballo da aula.


MOITAS GRAZAS POR VIR LAURA!!!!!


jueves, 9 de noviembre de 2017

VISITA DO PAPÁ DE PABLO

Hoxe tivemos una visita especial na nosa clase; o papá de Pablo "ALBERTO".
Que orgulloso estaba Pablo do seu papá!!!
Falounos do seu traballo,de economía, de riqueza, dos cartos, do trueque, dos futbolistas e dos cantantes famosos( do porque teñen tantos cartos), e do importante que é o ESFORZO :nos estudios, no traballo...

Moitas grazas Alberto polo teu tempo e por saber transmitirlle tan ben conceptos un pouco  complicados para eles.
Tod@s quedaron encantados e Pablo máis feliz que nunca!!!

viernes, 3 de noviembre de 2017

APÍPOLIS

HOXE FOMOS DE EXCURSIÓN A GRANXA ESCOLA DA "APÍPOLIS".
FIXEMOS VARIOS TALLERES, TODOS RELACIONADOS COAS "ABELLAS" E O "MEL".
ATA  SE VESTIRON DE APICULTORES TOD@S FORON UNS E UNHAS VALENTES!!!!!

Aquí tendes una pequeña mostra do ben que o pasamos( ao final de curso teredes todas as fotos de recordo).
Nesta excursión estrañamos moito a Catuxa!!!!!! Te esperamos o luns cunha sorpresa!!!!!!!


miércoles, 1 de noviembre de 2017

A ALIMENTACIÓN

INTERESANTE RECURSO PARA TRABALLAR SOBRE OS ALIMENTOS.
Tipo de Recurso:  Actividades Interactivas  Plataforma:Multiplataforma Idioma:Galego  
 Licenza: Creative Commons BY-NC-SA
Autor:Carmen Rajoy González . Que nos informa que  a finalidade principal de este recurso é inculcar e practicar unha alimentación sá e equilibrada dun xeito divertido. Interactuando e xogando aprenderán os distintos grupos de alimentos existentes, a súa orixe, elaboración, manipulación, fomentado un consumo axeitado a súa idade e necesidades.

FAI CLIC NA PALABRA ALIMENTOS



O SAMAIN

ONTE FIXEMOS UNHA PEQUENA FESTA NA CLASE PARA CELEBRAR O DÍA DO SAMAÍN.FOI TERRORIFICO!!!!
TAMÉN CELEBRAMOS O ANIVERSARIO DE PAULA, CUMPRIU 7 ANOS!!!!! PARABÉNS PAULA!!!!!
  ADEMAIS, CATUXA GAÑOU POR SORTEO O CONCURSO DAS VERBAS. QUE SORTE!!!!

sábado, 28 de octubre de 2017

FLEMING

COMEZAMOS COAS NOSAS INVESTIGACIÓNS.
Aquí tedes algúns dos traballos que fixeron nas súas casas.







SOMOS INVENTOR@S POR UNS DÍAS...

Dende longo prometen, ser grandes investigador@s.
PENSARON.......... CREARON.

SON ESTUPENDAS AS VOSAS IDEAS!!!!!



miércoles, 25 de octubre de 2017

VISITA DE MARÍA , MAMÁ DE LUCAS. QUE BEN!!!!!

Hoxe veu María , a mamá de Lucas , para explicarnos cal é o seu traballo .
 Ela traballa en MEDICOS SIN FRONTEIRAS que axuda a moitisimas personas. Cada ano, os seus equipos realizan millóns de consultas médicas, hospitalizacións, ciruxías e vacinacións, atenden a nenos con desnutrición......
A súa charla serviu para concienciarnos da sorte que temos porque a nós, non nos falta comida, auga, hospitais. E contamos coa nosa familia que nos coidan.





MOITAS GRAZAS MARÍA POR VIR!!! 
E POR DESEMPEÑAR UN TRABALLO TAN IMPORTANTE.

sábado, 21 de octubre de 2017

INVESTIGAMOS SOBRE ALIMENTACIÓN

Agora o lobiño nos propón investigar sobre a alimentación.
1º Recolleremos folletos de alimentos de distintos supermercados da cidade. E con eles faremos una pirámide de alimentos, que nos vai permitir ver dunha forma máis visual , que alimentos debemos comer a diario e con máis frecuencia e cales debemos consumir ocasionalmente.

2ºDespois investigaremos o que nos aportan os alimentos e que nutrintes conteñen (vitaminas, proteínas, graxas, hidratos de carbono) para facer una roda de alimentos.

3º Remataremos facendo un mural que reflexe todo o aprendido onde expliquemos como seria un menú equilibrado e saudable (almorzó,mediamañá, xantar, merenda,cea)

4º E por último, pero non menos importante:
QUE PASA SE NON COMEMOS?
COMO LLE AFECTA AO NOSO CORPO?

INVENTORES POR UNS DÍAS

Reto cumplido.....Os nenos e as nenas de 2º A son grandes inventores.
Coa súa imaxinación e creatividade pensaron ,idearon e elaboraron o seu propio invento. A súa creatividade deixoume abraiada.
Inventaron botellas comedeiras para paxaros, arboalarma, telescopios máxicos, arregla todo, coches transportadores, super bolis, super guitarra, arregla máquinas, axedreces automáticos e ata un traductor perruno....... e moitos máis.

DENTRO DE POUCO TEREDES TODOS OS SEUS INVENTOS AQUI.

TEREMOS QUE PATENTALOS!!!!!!



jueves, 5 de octubre de 2017

VISITA MOI ESPECIAL. O PAPÁ DE NAIA

Hoxe o papá de Naia ERNESTO VIEITO TORRES, fisioterapeuta do Celta de Vigo estivo c@s alumn@s de 2º.


Nos engaiolou coas súas experiencias vividas estes anos como fisioterapeuta do Celta Club de Vigo.
Tamén nos falou dos hábitos que nos axudan a estar sans, coma por exemplo:
  • comer alimentos sans e variados.
  • facer exercicio físico.
  • descansar o suficiente.
  • coidar a nosa hixiene personal.
  • facer catro comidas ao día: almorzo, comida, merenda e cea.
  • beber moita auga

AO FINAL DA CHARLA TOD@S QUERIAN SER FISIOTERAPEUTAS!!!!!!
O encontró foi moi satisfactorio e moitas foron as preguntas que lle fixeron.
Aquí vos deixamos unhas imaxes para o recordó.



MOTAS GRAZAS POR VIR!!!!!!!

Cal é o papá ou mamá seguinte que se anima a vir ????

lunes, 2 de octubre de 2017

APRENDEMOS INVESTIGANDO " O DOUTOR FLEMING E A CIENCIA"

 Este ano celébrase o 50 aniversario do noso cole, esta noticia chegou aos oídos do lobiño "a nosa mascota" .


NENOS E NENAS SON MOI CURIOSO E NON SEI POR QUE LLE CHAMAN ASÍ AO VOSO COLE.
1. Quen é o Doutor Fleming?
2. Que inventou?
3. Por que foi tan importante o seu invento?


O LOBIÑO TEMÉN LLES PROPÓN UN RETO... SER INVENTORES POR UNS DÍAS....
1. Que vós gustaría inventar?
2. Para que servirá?
3. Quen se beneficiaria do invento?
4. Como  podo construir o meu invento?

ESPERO AS VOSAS RESPOSTAS, PODEN SER ESCRITAS, DEBUXADAS EN CARTEIS, OU ORALMENTE NA CLASE .

viernes, 22 de septiembre de 2017

COCIÑEIROS E COCIÑEIRAS POR UN DÍA

Hoxe foi un día moi especial, pasámolo xenial!!!.
Durante toda a mañá exercemos a profesión de cociñeir@s.
Por suposto viñamos preparados para a ocasión; co noso delantal, gorro e todos os utensilios necesarios .
Fixemos un fermoso e riquísimo BRAZO DE XITANO CON NATA E FROITA.


O primeiro foi escribir a receita,logo preparamos todos os utensilios: pratos, bandexas, coitelos,cuncas, formas...
Así como a nata, que a conseguimos montar coas nosas mans!!!!
(aínda que a profe mercara un bote, porque non se fiaba moito de que fosemos capaces de facelo!!!)
Lavamos e cortamos a froita e .......mans a obra!!!!
Aquí tedes como quedou
Estaba deliciosa!!!!!! Mmmmmmmmmmm!!!!!

VOLVEREMOS A REPETIR A EXPERIENCIA!!!!!!

jueves, 21 de septiembre de 2017

BENVID@S A UN NOVO CURSO ESCOLAR 2017-2018



AQUÍ APRENDEMOS XUNTOS!!!!!

Comezamos un novo curso con moita ilusión.


Queremos comezar o curso dándolles a BENVIDA  a ALMA, YAGO e JUAN que se incorporan este ano a nosa clase.
E por outro lado temos que DESPEDIRNOS de NOA DALUZ
que cambiou de cole ;tod@s os nenos e as nenas están desexando volver a verte!!!!
Tamén cambiaron de clase Edgar e Iam , pero a eles os temos moi perto e todos os días estamos con eles no patio.


PARA NOA DALUZ
COMEZAMOS CON ALEGRIA E CON MOITAS GANAS DE TRABALLAR E APRENDER !!!!!!



sábado, 24 de junio de 2017

MÁIS PROBLEMAZOS!!!!

MÁIS PROBLEMAZOS!!!!