jueves, 30 de marzo de 2017

PERCORRIDO POR IRLANDA


Nesta viaxe tivemos moitísima sorte, porque contamos cunha guía fantástica. Con Alana, a nosa compañeira.




En barco chegamos a Dublín e de alí partimos cara a Castlebar que é onde naceu Alana.Neste percorrido ,aprenderon as cousas máis típicas de IRLANDA.

QUE DICIR D@S MEUS ALUMN@S QUE ME SINTO ORGULLOSA DE TOD@S ELES .






"EL CAMPO DE ORO".CONTO TÍPICO DE IRLANDA.


sábado, 25 de marzo de 2017

O MUSEO DO MAR

O xoves 23 fixemos unha saída ao Museo do Mar de Vigo.
Alí, fomos acompañados dunha guía que nos explicou moitas cousas dos peixes , pero sobre todo coñeceron os segredos que gardan os tiburóns e as raias do acuario.
Tocaron os seus dentes, as  peles e as súas mandíbulas, e viron os futuros tiburóns nos seus ovos.

FOI MOI  EMOCIONANTE!!!!!!!!


viernes, 17 de marzo de 2017

martes, 7 de marzo de 2017

TEATRO:"Paxaro amigo". Músicas para a Paz

Hoxe fomos ver "Paxaro amigo. Musicas para a paz"ao TEATRO  . E o pasamos xenial!!!!

"Paxaro amigo. Musicas para a paz"  conta a historia dun ornitólogo que anda en busca dun paxaro en extinción. O ornitólogo prefire a compañía dos paxaros á da xente, porque pensa que as persoas só saben facer guerras.
Unha personaxe misteriosa faralle ver , a través das cancións, que as persoas podemos facer moitas cousas para aprender a vivir en paz.

Aquí tedes o video promocional do espectáculo.


lunes, 6 de marzo de 2017

UNHA VIAXE POLO MUNDO DOS CONTOS. DESTINO IRLANDA!!!!!

DESTINO IRLANDA!!!!



O lobiño acaba de chegar  a Irlanda. Foi unha viaxe longa, moi longa. Embarcou no porto de Vigo e despois de tres días navegando polo Oceano Atlántico , chegou ao porto de Dublín.


En Dublín é onde vai comezar a nosa aventura.

-VISITAREMOS IRLANDA: A TRAVÉS DE LIBROS, FOTOS,INTERNET.....
-INVESTIGAREMOS: CAL É A SÚA CAPITAL? A SÚA BANDEIRA.CANTOS HABITANTES TEN? O SEU IDIOMA......

E TRABALLAREMOS O CONTO  :

                  " EL CAMPO DE ORO"



CONTO POPULAR DE IRLANDA.

MÁIS PROBLEMAZOS!!!!

MÁIS PROBLEMAZOS!!!!