viernes, 24 de noviembre de 2017

QUINCENA DO CÓMIC

Comezamos esta semana a celebrar a Quincena do cómic no cole dentro do noso proxecto "Doutor Fleming e a Ciencia"

Nós baixamos a biblioteca a realizar moitas actividades sobre o cómic cos nosos padriños e as nosas madriñas de 5º A.
O pasamos xenial!!!! Estamos desexando volver para a semana.



viernes, 17 de noviembre de 2017

O FARO DO FLEMING

TRABALLAMOS O FARO DO FLEMING... E DE PASO APRENDEMOS PALABRAS EN GALEGO, DITOS, REFRÁNS...
ESTE MES NÓS FIXEMOS UN ANUNCIO E EXPRESIÓNS EN GALEGO.



VISITA DA MAMÁ DE NOA

Continuamos coas visitas dos papás e das mamás a clase.
O mércores tivemos a sorte de que estivese con nós LAURA a mamá de Noa.
Contounos, o que fan os farmacétic@s , do importante que son para a nosa saúde. Do necesario dunha boa alimentación para medrar fortes e sans.
Tamén nos explicou moitas cousas sobre os ollos, das súas partes, de como temos que coidalos, das revisións.....
O IMPORTANTE QUE SON.


Coma sempre foi una experiencia marabillosa, os vosos fillos e as vosas fillas están encantad@s de que veñades. E a min só me queda daros as grazas por implicaros tanto no traballo da aula.


MOITAS GRAZAS POR VIR LAURA!!!!!


jueves, 9 de noviembre de 2017

VISITA DO PAPÁ DE PABLO

Hoxe tivemos una visita especial na nosa clase; o papá de Pablo "ALBERTO".
Que orgulloso estaba Pablo do seu papá!!!
Falounos do seu traballo,de economía, de riqueza, dos cartos, do trueque, dos futbolistas e dos cantantes famosos( do porque teñen tantos cartos), e do importante que é o ESFORZO :nos estudios, no traballo...

Moitas grazas Alberto polo teu tempo e por saber transmitirlle tan ben conceptos un pouco  complicados para eles.
Tod@s quedaron encantados e Pablo máis feliz que nunca!!!

viernes, 3 de noviembre de 2017

APÍPOLIS

HOXE FOMOS DE EXCURSIÓN A GRANXA ESCOLA DA "APÍPOLIS".
FIXEMOS VARIOS TALLERES, TODOS RELACIONADOS COAS "ABELLAS" E O "MEL".
ATA  SE VESTIRON DE APICULTORES TOD@S FORON UNS E UNHAS VALENTES!!!!!

Aquí tendes una pequeña mostra do ben que o pasamos( ao final de curso teredes todas as fotos de recordo).
Nesta excursión estrañamos moito a Catuxa!!!!!! Te esperamos o luns cunha sorpresa!!!!!!!


miércoles, 1 de noviembre de 2017

A ALIMENTACIÓN

INTERESANTE RECURSO PARA TRABALLAR SOBRE OS ALIMENTOS.
Tipo de Recurso:  Actividades Interactivas  Plataforma:Multiplataforma Idioma:Galego  
 Licenza: Creative Commons BY-NC-SA
Autor:Carmen Rajoy González . Que nos informa que  a finalidade principal de este recurso é inculcar e practicar unha alimentación sá e equilibrada dun xeito divertido. Interactuando e xogando aprenderán os distintos grupos de alimentos existentes, a súa orixe, elaboración, manipulación, fomentado un consumo axeitado a súa idade e necesidades.

FAI CLIC NA PALABRA ALIMENTOS



O SAMAIN

ONTE FIXEMOS UNHA PEQUENA FESTA NA CLASE PARA CELEBRAR O DÍA DO SAMAÍN.FOI TERRORIFICO!!!!
TAMÉN CELEBRAMOS O ANIVERSARIO DE PAULA, CUMPRIU 7 ANOS!!!!! PARABÉNS PAULA!!!!!
  ADEMAIS, CATUXA GAÑOU POR SORTEO O CONCURSO DAS VERBAS. QUE SORTE!!!!

MÁIS PROBLEMAZOS!!!!

MÁIS PROBLEMAZOS!!!!